(Sendelle-Crecente) é licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago e investigador histórico, oficio que agora desenvolve en exclusiva e que no pasado combinou coa actividade empresarial.
É autor de Un paseo pola historia de Rebordechán (2007), Marcelino Gómez Arias. Unha vida dedicada á loita pola república e o agrarismo (2014) e Os Lobariñas Feixoo. Luz e memoria nos Séculos Escuros (Aira, 2023). Asemade publicou textos de tema histórico para a Universidade de Santiago de Compostela, no Nós Diario ou na revista Murguía, entre outras publicacións.