Lugar de Penedo, San Cibrao das Viñas. 1987. Educadora social, traballadora social, responsable dunha casa niño en Taboadela, nai, feminista e pandereteira afeccionada. Con variopintos e precarios traballos ás súas costas en distintos sectores, nunca abandonou a gana de escribir e imaxinar historias para a cativada.