Roberto Fernández Álvarez | Aira editorial

Roberto Fernández Álvarez

Roberto Fernández Álvarez (Chantada, 1967), estudou Medicina na universidade de Santiago de Compostela, e fixo a especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria en Ourense. Na actualidade exerce de médico en Allariz. Doutor en Medicina pola Universidade de Santiago, é autor de varios traballos no eido da investigación cualitativa. Foi gañador do premio Cabaleiro Goás do ano 2013 e autor do libro Enfermos pobres, médicos tristes, co que gañou o XXI premio Vicente Risco de Ciencias Sociais.