Selma Lagerlöf | Aira editorial

Selma Lagerlöf

Naceu no 1858 en Marbacka (Suecia). Foi unha nena enferma e moi lectora. Estudou para mestra e exerceu esa profesión toda a vida. Está considerada unha das grandes renovadoras da literatura sueca no século XX, tanto na narrativa adulta coma na literatura infantil e xuvenil. Foi pioneira na loita feminista na cultura. Gañou o Premio Nobel de Literatura no 1909 e foi a primeira muller en entrar na Academia Sueca, no 1914. Militou no sufraxismo e compartiu iniciativa política con grandes mulleres do seu tempo. Morreu na súa localidade natal no 1940.