Umberto Eco | Aira editorial

Umberto Eco

(Alessandria, 1932-Milán, 2016).  Filósofo, medievalista, semiólogo, comunicólogo e escritor. É autor de ensaios sobre os temas que máis estudou, de gran proxección mundial e influencia académica, caso de Apocalípticos e integrados (1964), Kant e o ornitorrinco (1997), Cinco escritos morais (1998), Historia da beleza (2004), ou Historia da fealdade (2007), entre outros. Os seus libros de ficción foron todos eles inmediatos éxitos de vendas en todo o mundo: O nome da rosa (1980), co que gañou ao ano seguinte o Premio Strega; O péndulo de Foucault (1988); A illa do día de antes (1994); Baudolino (2000); A misteriosa chama da raíña Loana (2004); O cemiterio de Praga (2010) e Número cero (2015).O nome da rosa é a primeira das súas novelas traducida ao galego.