Ursula Heinze de Lorenzo | Aira editorial

Ursula Heinze de Lorenzo

Naceu en Coloña (Alemaña) no 1941. É licenciada en Filoloxías Inglesa e Alemá na Universidade de Coloña. Formou parte do grupo universitario de teatro, estudou piano e canto. Reside e escribe desde 1968 en Santiago de Compostela. Foi catedrática de Ensino Medio en Alemaña e lectora de alemán na Universidade de Valladolid (1973-1977). Colaborou na Radio Galega e no xornal O Correo Galego. Fundadora da sección de Galicia do PEN Club Internacional, do que foi presidenta de 1991 a 1995. É autora de moitas novelas, relatos, ensaios, literatura infantil e xuvenil e poesía en galego, poesía e relatos en alemán. Traduciu obras do alemán para o galego e o castelán.