Vernon Lee (pseudónmo de Vilolet Paget) naceu en Boulogne-sur-Mer (Francia) no 1856. Filla de expatriados británicos, pasou a infancia entre libros e música. No 1880 publicou o ensaio Studies of the Eighteenth Century in Italy nove anos antes de establecerse en Italia, país que amou e que está moi presente nos seus relatos. Os que a coñeceron definírona como unha muller moi culta, de conversa brillante e moi segura de si mesma. Polemizou con algúns autores da súa época (Walter Benjamin e Henry James entre outros) e cultivou a amizade de artistas. Declarouse feminista e nunca se lle coñeceu relación sentimental ningunha. Escribiu libros de arte, de viaxes, de música, pero destacou principalmente polos seus relatos, que modernizaron e elevaron o xénero gótico e sobrenatural. Morreu en San Gervasio Bresciano no 1935.