(Londres, 1824-1889). Era fillo dun pintor paisaxista. Desde moi novo mostrou interese pola literatura. A partir do 1851 iniciou unha relación creativa, persoal e laboral con Charles Dickens. As súas obras de ficción gañaron gran sona no seu momento. Moitas delas publicáronse por entregas, especialmente na revista All The Year Round, propiedade de Dickens, onde apareceu A dama de branco. Collins padeceu artrite, que trataba con opiáceos, o que o converteu nun adicto que incluso tiña alucinacións. Nunca casou, pero tivo unha longa relación intermitente con Caroline Graves e con Martha Rudd, con quen tivo tres fillos.