(Compostela, 1957). Dende 1990 escribe e publica regularmente en galego É autor, entre outros libros, de: Ártico e outros mares (narrativa breve, 1990, Premio da Crítica Española 1991); Ringside (contos, 1993), Malaria sentimental (novela, 1999); Papaventos (novela, 2001); O ladrón de esperma (contos, 2001, Premio Café Dublin de relatos); Os ciclos do bambú (contos, 2003); Glosarios (poesía, 2004); O espello e o dragón (literatura infantil, 2005), Dragona (novela, 2007) Caderno da Revolución Cultural (crónicas radiofónicas, 2007), Saladina (novela, 2007), Felices e diferentes (crónicas radiofónicas, 2009), A illa dos cangrexos violinistas (literatura infantil, 2009), Cartas marcadas (ensaio, 2010), Ártico 2.0 (narrativa breve, 2011), Extramunde (novela, 2011, Premio Xerais de Novela, Premio Arcebispo San Clemente); 55 (relatos, 2014), Os Kowa (novela 2016, Premio Blanco Amor 2015), e Corazón de Manteiga (novela, 2020) . Membro do Dichterscollectif van Brussel dende 2007. Recibiu varios outros premios en Galicia, entre eles o Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao mellor escritor galego en 2011 e o Premio Nacional de Tradución do Ministerio de Cultura (en colaboración), pola tradución do Ulysses de Joyce ao galego (2014). Participou en numerosos libros coletivos e antoloxías, e traduciu do francés ao galego a Amin Maalouf e Hervé Guivert, e do inglés a Conrad e Joyce. Obras súas están traducidas ao castelán, portugués, francés, inglés e italiano.