Librarías

Modalidades

Librarías mecenas

Librarías que contan con todo o noso fondo editorial. No caso de librarías especializadas (cómic...) o fondo pode adaptarase a dita especialidade.

Damos dúas opcións ou un sistema mixto deposito/firme.

DEPÓSITO:

  • 50% de desconto nos libros en depósito. De cada novidade en depósito enviaranse 5 unidades. Dito depósito deberá manterse, como mínimo, 12 meses na libraría e logo xa se poderá reducir. No caso de librarías especializadas (cómic, outras) só se enviarán novidades dos libros da súa especialidade.
  • Faremos dúas facturacións anuais (logo da campaña de Nadal e logo da campaña do verán). Podería haber facturacións extraordinarias en caso de presentacións ou outras situacións puntuais.
  • Portes de envío por conta de Aira. Unha recollida gratuíta ao ano. As seguintes devolucións cobraranse en función do peso (se non a tramita directamente a libraría). Os libros teñen que vir en perfecto estado.

FIRME:

  • 55% de desconto por compras en firme sen devolución. Por compra de 20 unidades (ou máis) dun título o desconto será do 60%. Permítese un cambio anual por outros títulos no caso de que un libro non funcione. Os libros teñen que vir en perfecto estado. Facturación a 45 días respecto da data do envío. Mínimo de 100 euros de compra para non cobrar portes.

OUTRAS VANTAXES:

  • A libraría recibirá produtos promocionais de Aira.
  • A libraría ten prioridade na convocatoria de presentacións e outros actos de dinamización promovidos por Aira.
  • A libraría aparecerá na páxina web de Aira e incluirase nas súas redes sociais de maneira preferente.

RECOMPENSA/LOTE CLÁSICO ILUSTRADO:

  • Tres exemplares do libro publicado.
  • Unha lámina ilustrada ou postal (de edición exclusiva e numerada) baseada no universo creativo da obra e do autor das súas ilustracións.
  • Cinco bolsas de algodón cunha ilustración orixinal do universo do libro.
  • Pósters con deseño exclusivo.
  • Posibilidade de mercar inicialmente máis exemplares cun desconto superior. Esta oferta determinarase cada ano dependendo dos custes do libro editado.
  • Figurará na páxina de créditos da obra.
  • Terá acceso a unha carpeta virtual compartida onde poderá seguir o proceso evolutivo da obra e poderá ler, en primicia, avances dalgún dos relatos xa traducidos.
  • Será informada de todas as novidades sobre o proceso de creación da obra.
  • Poderá realizarse unha presentación da publicación se interesa.

QUE PEDIMOS?

  • Cota única de 100 euros (+ impostos). Pagarase anualmente, no mes de xaneiro. A recompensa cubre de sobra a cota.
  • Revisión do depósito cada tres meses, para repor existencias dun xeito habitual que permita manter á vista o fondo de Aira. Axilidade nas comunicacións con métodos específicos que eviten demoras.
  • Domiciliación bancaria dos pagamentos.

Librarías con pedidos puntuais

Aquelas librarías que non queiran estar na modalidade anterior.

Enviaranse libros en compra en firme (sen portes para pedidos superiores a 120 euros) cun desconto do 40% con pago por adiantado e dereito a devolución nos tres meses seguintes. Os portes da devolución correrán por conta da libraría. Os libros teñen que vir en perfecto estado.

Coñece as librarías mecenas

Librarías mecenas | Aira editorial

Páxina clásico ilustrado - Librarías mecenas