Club Aira
O Club Aira nace para darlle continuidade ao proxecto do mecenado literario no que se sustentou todos estes anos a colección de Clásicos Ilustrados, e tamén para aumentar a base de complicidade dos lectores e lectoras co proxecto cultural de Aira.
Subscribirte ao Club Aira é moi doado e ten moitos beneficios.
Modalidades
Socia/o Aira1
Beneficios:
- Desconto do 5% en todos os libros do catálogo.
- Desconto do 10% en produtos da tenda. Non están incluidos libros, nin aqueles produtos que teñan un desconto aplicado.
- Condicións especiais nos gastos de envío:
- Compras inferiores a 30€: 2€ a Galicia e 3€ ao resto da península.
- Compras iguais ou superiores a 30€: Envío de balde.
- Subscrición ao xornal de novidades de Aira.
- Participación nos sorteos de Aira.
QUERES SER SOCIA/O AIRA?
É moi doado. Só tes que te rexistrar na nosa web e marcar a caixa "Subscríbete ao noso boletín de novas"
Entidades mecenas
Esta iniciativa, pensada para colectivos, asociacións ou empresas permite que tamén as organizacións poidan apoiar o noso proxecto editorial en lingua galega. Contacta connosco e buscaremos un xeito de crear sinerxías entre ambos os proxectos. Porque coidar da cultura en galego é coidar o noso futuro

Páxina clásico ilustrado - Entidades mecenas
Mecenas1
Pago único de 70 euros ao ano2
Recompensa Clásico Ilustrado3:
- Que o teu nome apareza na páxina de Mecenas do clásico dese ano.
- Un exemplar do clásico ilustrado, acompañado de:
- Axenda ilustrada.
- Lámina ilustrada numerada e asinada polo/a ilustrador/a.
- Saco de algodón ilustrado.
- Postal.
- Marcafollas.
- Agasallo sorpresa.
- Un exemplar de calquera produto do noso catálogo4, á túa escolla.
- Acceso exclusivo e en primicia aos avances nos traballos de ilustración do clásico Ilustrado do ano. Contidos exclusivos sobre diferentes aspectos do clásico ilustrado do ano. Adiantos de fragmentos do clásico ilustrado do ano.
- Desconto do 5% en todos os libros do catálogo.
- Desconto do 20% mínimo sobre o prezo final en todos os lanzamentos de libros de Aira (en fase de prepublicación).
- 25% de desconto nos produtos da tenda (xogos, ilustracións, libros descatalogados...).
- Condicións especiais nos gastos de envío:
- Compras inferiores a 30€: 2€ a Galicia e 3€ ao resto da península.
- Compras iguais ou superiores a 30€: Envío de balde.
- Agasallo a elixir entre unha coidada selección, que varía co tempo, por compras superiores a 35€.
- Subscrición ao xornal de novidades de Aira.
- Participación nos sorteos de Aira.
- Unifica todas as túas compras e aforra os gastos de envío. Podes comprar en Aira editorial, Aira das Letras e Maruxairas. A partir de 30 euros de compra non pagas gastos de envío.
- Como facelo: Fai as túas compras e escolle a opción 'Recollida en tenda'. En Observacións indícanos que es mecenas.
Mecenas Plus1
Pago único de 210 euros ao ano5
10 libros ao ano, á túa escolla:
- Recibes os teus libros en tres envíos durante o ano, nos meses de abril, xullo e novembro.
Inclúe, ademais, a Recompensa Clásico Ilustrado3 e todos os beneficios da modalidade Mecenas.
Entidades mecenas
Esta iniciativa, pensada para colectivos, asociacións ou empresas permite que tamén as organizacións poidan apoiar o noso proxecto editorial en lingua galega. Contacta connosco e buscaremos un xeito de crear sinerxías entre ambos os proxectos. Porque coidar da cultura en galego é coidar o noso futuro

Páxina clásico ilustrado - Entidades mecenas
1 Ao ser membro do noso club, autorizas a Aira Editorial a pórse en contacto contigo a través do teu enderezo correo electrónico.
2 A cota pode pagarse con tarxeta ou mediante domiciliación bancaria.Unha vez feito o pago desta, presuponse que as condicións de Mecenas son aceptadas. A renovación do Mecenado deberá realizarse entre xaneiro e febreiro do ano seguinte.
3 Todas as recompensas enviaranse, nun só paquete, canda o clásico ilustrado.
4 Exceptúase desta elección o libro Frankenstein (3ª edición, numerada) e o Dicionario da Comida Galega.
5 A cota pode pagarse con tarxeta ou mediante domiciliación bancaria,e poderá fraccionarse en dous pagamentos. Unha vez feito o pago desta, presuponse que as condicións de Mecenas Plus son aceptadas. A renovación do Mecenado Plus deberá realizarse entre xaneiro e febreiro do ano seguinte.
