MeliMolita | Aira editorial
MeliMolita | Aira editorial

MeliMolita

MeliMolita (Manuela Elizabeth Rodríguez), naceu en Venezuela e vive en Galicia, actualmente en Santiago de Compostela. Desenvolve a súa actividade artística ao redor da ilustración e a animación audiovisual.

Tras a súa formación no grao en Belas Artes e no Máster de Libro Ilustrado e Animación Audiovisual na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, cursou na mesma facultade o Programa de doutoramento en Creación e Investigación en Arte Contemporánea. A súa etapa de estudo da tese A pegada gráfica do bosquexo en animación comercial (2021) (Premio Extraordinario de Doutoramento) permitiulle explorar e relacionar os seus campos de traballo: animación audiovisual e debuxo.

Entre os seus Libros ilustrados atópanse Nogard (2022), Xulia e as cóxegas das nubes (2024) ou Suite Francesa (2024).