(Donostia, 1969) é a autora da «Triloxía do Baztan», o fenómeno literario en castelán máis importante dos últimos anos, que inaugurou un xénero propio, o mystic noir. O gardián invisible, Legado nos ósos e Ofrenda á tormenta, adaptadas ao cinema con grande éxito entre o 2017 e 2020, e actualmente dispoñibles en Netflix. Despois da triloxía publicou Todo isto che darei (2016), un dos premios Planeta máis vendido e adaptado como serie da televisión pública francesa con grande acollida. No 2019 regresou ao universo do Baztan co'A cara norte do corazón, que está en desenvolvemento como serie televisiva en Hollywood, un fito da ficción española contemporánea. No 2021 reeditouse Los privilegios del ángel, a súa primeira novela. Con Esperando al diluvio (2022) entusiasmou de novo a lectores e crítica, ademais de motivar unha nova adaptación audiovisual. Hoxe son xa 38 os idiomas aos que se traduciron as súas obras, que contan con millóns de lectores en todo o mundo.