Queremos ampliar o número de librarías cómplices. Se queres que a túa libraría venda os nosos libros, ofrecémosche inmellorables condicións:
-Depósito co 45% de desconto no prezo de venda*.
-Liquidación cada 3 meses.
……………………
Se convertes a túa libraría en mecenas literaria,
-Depósito co 50% de desconto*.
-Vantaxes exclusivas.
……………………..
Para compras esporádicas do noso fondo, desconto do 40% para compras en firme coas seguintes condicións:
-Pedido mínimo de 100 euros ou pagamento dos portes.
-Para o libro Dicionario da comida galega, o desconto será do 30%.
*Estas condicións están ligadas a manter un depósito mínimo de 5 exemplares de cada un dos títulos publicados por Aira editorial. Gastos de envío a cargo de Follas Voadoras; de devolución para exemplares enviados despois dun ano, a libraría. Nos depósitos para presentacións e outros eventos os gastos de devolución asúmeos a libraría.
2 referencias a “Libraría: Queres vender os nosos libros?”
Os comentarios están pechados.