Mecenas Plus| Aira editorial
Mecenas Plus| Aira editorial
Mecenas Plus| Aira editorial

Faite Mecenas Plus

210,00 €

Pago único de 210 euros ao ano1.

10 LIBROS AO ANO, Á TÚA ESCOLLA:

  • Recibes os teus libros en tres envíos durante o ano, nos meses de abril, xullo e novembro.

Recompensa Clásico ilustrado2:

  • Que o teu nome apareza na páxina de Mecenas do clásico dese ano3.
  • Un exemplar do clásico ilustrado acompañado de:
    • Axenda ilustrada. 
    • Lámina ilustrada numerada e asinada polo/a ilustrador/a.
    • Saco de algodón ilustrado.
    • Postal.
    • Marcafollas.
    • Agasallo sorpresa.
  • Un exemplar de calquera produto do noso catálogo4, á túa escolla.
  • Acceso exclusivo e en primicia aos avances nos traballos de ilustración do clásico Ilustrado do ano. Contidos exclusivos sobre diferentes aspectos do clásico ilustrado do ano. Adiantos de fragmentos do clásico ilustrado do ano.

Beneficios:

  • Desconto do 5% en todos os libros do catálogo.
  • Desconto do 20% mínimo sobre o prezo final en todos os lanzamentos de libros de Aira (en fase de prepublicación).
  • 25% de desconto nos produtos da tenda (xogos, ilustracións, libros descatalogados...).
  • Condicións especiais nos gastos de envío:
    • Compras inferiores a 30€: 2€ a Galicia e 3€ ao resto da península.
    • Compras iguais ou superiores a 30€: Envío de balde.
  • Agasallo a elixir entre unha coidada selección, que varía co tempo, por compras superiores a 35€.
  • Subscrición ao xornal de novidades de Aira.
  • Participación nos sorteos de Aira.
  • Unifica todas as túas compras e aforra os gastos de envío. Podes comprar en Aira editorial, Aira das Letras e Maruxairas. A partir de 30 euros de compra non pagas gastos de envío.
    • Como facelo: Fai as túas compras e escolle a opción 'Recollida en tenda'. En Observacións indícanos que es mecenas.

O CLÁSICO ILUSTRADO 2026

Colette - Clásico Aira 2026
Colette en París (Década 1910)

Sidonie-Gabrielle Colette, coñecida como Colette, foi unha das grandes figuras da literatura francesa do século XX. Tras comezar a súa carreira baixo a sombra do seu primeiro marido, Willy, logrou afirmarse como autora independente e converteuse nunha presenza central da vida cultural parisiense. A súa obra caracterízase por unha prosa de gran precisión sensorial, atenta aos xestos mínimos, ao corpo, ao paso do tempo e á complexidade das emocións, cunha linguaxe aparentemente sinxela pero de enorme sofisticación.

A escrita de Colette está vencellada a unha ética vital baseada na autenticidade, na liberdade individual —especialmente a das mulleres— e nunha mirada comprensiva e non moralizante sobre o desexo, o pracer e a dor. Sen grandilocuencia nin artificio, soubo explorar a intimidade psicolóxica e transformar a experiencia cotiá en literatura de alto valor artístico.

O clásico Aira do 2026 reunirá nun só volume tres das súas novelas curtas máis coñecidas
  • A gata (La Chatte, 1933), un relato sutil e inquietante sobre os celos, a posesión e os vínculos afectivos máis primitivos, que converte un conflito doméstico nunha análise penetrante da fraxilidade das relacións humanas.
  • Gigi (1944), situada no París da Belle Époque, narra con humor elegante e mirada crítica a historia dunha moza educada para cumprir un destino imposto, abrindo unha reflexión sobre a liberdade feminina e as convencións sociais.
  • O neno doente (L’Enfant malade, 1904), un texto breve pero intenso que se afasta de toda idealización da infancia e explora con lucidez as relacións de dependencia emocional e as zonas máis ambiguas do coidado e do amor.

1 A cota pode pagarse con tarxeta ou mediante domiciliación bancaria,e poderá fraccionarse en dous pagamentos. Unha vez feito o pago desta, presuponse que as condicións de Mecenas Plus son aceptadas. A renovación do Mecenado Plus deberá realizarse entre xaneiro e febreiro do ano seguinte.
2 Todas as recompensas enviaranse, nun só paquete, canda o clásico ilustrado.
3 Por razóns de produción e imprenta, unha vez pechado o proceso editorial, os nomes das novas altas ou renovacións non poderán incorporarse aos agradecementos do libro do ano en curso. O libro sairá publicado entre os meses de setembro e outubro.
4 Exceptúase desta elección o libro Frankenstein (3ª edición, numerada) e o Dicionario da Comida Galega.