Heidi - Johanna Spyri

‘Heidi’, novo título para o 2021 da colección ‘Clásicos Ilustrados’

Particulares e librarías poden apoiar o proxecto cunha nova modalidade: Mecenas Especial

No Nadal do 2021, Aira editorial quere publicar en galego o clásico da literatura alemá Heidi, escrito pola suíza Johanna Spyri no 1880 e que ao longo dos anos se converteu nun dos libros máis vendidos, recoñecidos e adaptados a outros formatos da narrativa infantil e xuvenil europea.

Como cada ano, o proxecto da nosa colección ‘Clásicos ilustrados’ precisa do apoio dos mecenas literarios quen, co seu compromiso, fan posible que sigamos publicando en galego obras fundamentais da biblioteca das letras universais. Ler máis...

Libreria Mecenas

Librarías mecenas

No proxecto de Aira editorial as librarías son fundamentais. Non entendemos o traballo de edición sen ter en conta o esforzo e o compromiso diario dos e das libreiras na promoción, aconsellamento e visibilidade do libro galego. É por iso que ofrecemos sempre as mellores condicións de venda no noso catálogo para as librarías que queren traballar directamente connosco. Agora buscamos levar a nosa complicidade un chanzo máis arriba. Buscamos librarías que apoien a consolidación dunha biblioteca de clásicos ilustrados en lingua galega. Soñas libros bonitos canda nós? Ler máis...

Mecenas Particular

Mecenas particulares

Á literatura galega fáltalle algo cando non se poden ler en galego obras cumio das letras universais. Para que as letras galegas brillen como merecen cómpre que haxa traducións. De libros novos e vellos, de clásicos e de autores pouco coñecidos. Ler máis...