No proxecto de Aira editorial as librarías son fundamentais. Non entendemos o traballo de edición sen ter en conta o esforzo e o compromiso diario dos e das libreiras na promoción, aconsellamento e visibilidade do libro galego. É por iso que ofrecemos sempre as mellores condicións de venda no noso catálogo para as librarías que queren traballar directamente connosco. Agora buscamos levar a nosa complicidade un chanzo máis arriba. Buscamos librarías que apoien a consolidación dunha biblioteca de clásicos ilustrados en lingua galega. Soñas libros bonitos canda nós?
Como me fago mecenas?
Envíanos un correo a contacto@airaeditorial.gal e automaticamente a túa libraría se converterá en libraría mecenas. Posteriormente poñerémonos en contacto contigo para enviarche o contrato de mecenas literaria e tramitar o pagamento da cota anual de 100 euros.
Que recibo a cambio?
A cota dáche dereito a:
— 50% de desconto na compra anual de calquera título do fondo editorial de Aira.
— Recibir tres exemplares do libro publicado dedicados cunha ilustración do artista. Un deles debe destinarse para sortear entre os clientes da libraría
— Unha lámina ilustrada (exclusiva e numerada) baseada no universo creativo da obra.
— Dez pósters cun deseño exclusivo para agasallar os compradores do libro na vosa libraría.
— Cinco bolsas de algodón cunha ilustración ambientada no universo creativo da obra.
— O nome da túa libraría aparecerá na páxina de créditos da obra publicada.
Nada máis?
— Estarás ao tanto dos progresos creativos do proxecto.
— Terás acceso ás carpetas virtuais de bocetos e premaquetación. Posibilidade de visitar o Espazo BenComún, onde se editan os libros da Aira editorial.
— A túa libraría será espazo de difusión e conversa ao redor do libro, con eventos exclusivos para os teus clientes.
Hai límite de librarías mecenas?
Non. Calquera libraría cómplice de Aira editorial pode ser mecenas.
Axúdasnos, daquela, a fabricar libros bonitos?
Tel. 636 889 015
Correo-e: contacto@airaeditorial.gal
www.airaeditorial.gal
TÍTULOS DA COLECCIÓN CLÁSICOS ILUSTRADOS
Vidas imaxinarias, de Marcel Schwob. 2017.
Frankenstein ou o Prometeo moderno, de Mary Shelley. 2019.
Unha noite no tren da Vía Láctea, de Kenji Miyazawa. Proximamente.