Mecenas Literaria

Á literatura galega fáltalle algo cando non se poden ler en galego obras cumio das letras universais. Para que as letras galegas brillen como merecen cómpre que haxa traducións. De libros novos e vellos, de clásicos e de autores pouco coñecidos.

Á literatura galega fáltalle algo cando non se poden publicar en galego obras onde a arte da ilustración sexa un dos principais atractivos do libro. As pequenas dimensións do mercado e o abandono institucional da industria cultural desfavorecen unha economía de escala que permita iniciar grandes proxectos editoriais.

É por iso que en Aira editorial necesitamos contar contigo. Necesitamos mecenas que nos axuden, que nos acompañen, que nos alenten. Queremos publicar en galego un clásico universal ilustrado por un artista de recoñecido prestixio e cunha nova tradución.

Para facer sustentable este proxecto precisamos contar cun grupo de 100 mecenas que se comprometan connosco.

Que é ser mecenas

Comprometerse a apoiar a publicación en galego de obras de referencia da literatura universal, en edición ilustrada.

Como me fago mecenas?

A cota anual é de 60 euros

Que recibo a cambio?

A cota dáche dereito a:

-recibir un exemplar do libro publicado asinado polo tradutor e dedicado cunha ilustración do artista.

-recibir unha lámina ilustrada (exclusiva e numerada) baseada no universo creativo da obra.

-un exemplar do libro Vidas imaxinarias,de Marcel Schwob.

-un agasallo sorpresa.

Nada máis?

-Estarás ao tanto dos progresos creativos do proxecto.

-Terás acceso ás carpetas virtuais de bocetos e premaquetación. Posibilidade de visitar o Espazo BenComún, onde se editan os libros da Aira editorial. Informarémoste antes ca a ninguén sobre promocións, eventos e iniciativas de Aira editorial.

-Participarás en decisións de deseño e na tormenta de ideas de novos títulos para publicar.

É mecenas quen quere?

O único límite é que só poden ser mecenas 100 persoas ou entidades. Haberá unha lista de espera para aspirantes a mecenas.

……………………………….

LIBRARÍAS MECENAS

A cota anual é de 100 euros.

Que recibo a cambio?

A cota dáche dereito a:

-50% de desconto na compra anual de calquera título do fondo editorial de Aira.

-recibir un exemplar do libro publicado asinado polo tradutor e dedicado cunha ilustración do artista.

-recibir unha lámina ilustrada (exclusiva e numerada) baseada no universo creativo da obra.

-un exemplar do libro Vidas imaxinarias,de Marcel Schwob.

-un agasallo sorpresa.

Nada máis?

-Estarás ao tanto dos progresos creativos do proxecto.

-Terás acceso ás carpetas virtuais de bocetos e premaquetación. Posibilidade de visitar o Espazo BenComún, onde se editan os libros da Aira editorial. Informarémoste antes ca a ninguén sobre promocións, eventos e iniciativas de Aira editorial.

-Participarás en decisións de deseño e na tormenta de ideas de novos títulos para publicar.

-A túa libraría será espazo de difusión e conversa ao redor do libro, con eventos exclusivos para os teus clientes.