Mecenas Particular

Mecenas particulares

Á literatura galega fáltalle algo cando non se poden ler en galego obras cumio das letras universais. Para que as letras galegas brillen como merecen cómpre que haxa traducións. De libros novos e vellos, de clásicos e de autores pouco coñecidos.

 

Á literatura galega fáltalle algo cando non se poden publicar en galego obras onde a arte da ilustración sexa un dos principais atractivos do libro. As pequenas dimensións do mercado e o abandono institucional da industria cultural desfavorecen unha economía de escala que permita iniciar grandes proxectos editoriais.

 

É por iso que en Aira editorial necesitamos contar contigo. Necesitamos mecenas que nos axuden, que nos acompañen, que nos alenten. Queremos publicar en galego un clásico universal ilustrado por un artista de recoñecido prestixio e cunha nova tradución.

 

Para facer sustentable este proxecto precisamos contar cun grupo de 100 mecenas que se comprometan connosco.

 

Que é ser mecenas?

Comprometerse a apoiar a publicación en galego de obras de referencia da literatura universal en edición ilustrada.

Como me fago mecenas?

Envíanos un correo a contacto@airaeditorial.gal e automaticamente che queda reservada a praza. Posteriormente poñerémonos en contacto contigo para enviarche o contrato de mecenas literaria e tramitar o pagamento da cota anual de 60 euros.

Que recibo a cambio?

A cota dáche dereito a:

— Recibir un exemplar do libro publicado dedicado cunha ilustración do artista.

— Recibir unha lámina ilustrada (exclusiva e numerada) baseada no universo creativo da obra.

— Un exemplar de calquera produto do noso catálogo*.

— Unha bolsa de algodón cunha ilustración orixinal do universo do libro.

— Un agasallo sorpresa.

Nada máis?

— Estarás ao tanto dos progresos creativos do proxecto.

— Terás acceso ás carpetas virtuais de bocetos e premaquetación.

— Posibilidade de visitar o Espazo BenComún, onde se editan os libros da Aira editorial.

— O teu nome aparecerá na páxina de créditos da obra publicada.

Mecenas Especial

Esta modalidade custa 150 euros.

Amais das recompensas das Mecenas Literarias, recibes:

-Unha caixa de madeira orixinal cun deseño exclusivo, fabricada en Allariz con materia prima autóctona de Galicia.

-Catro lotes similares aos das Mecenas Literariasª.

 

É mecenas quen quere?

O único límite é que só poden ser mecenas 100 persoas.
Haberá unha lista de espera para aspirantes a mecenas.

Axúdasnos, daquela, a fabricar libros bonitos?

Tel. 636 889 015
Correo-e: contacto@airaeditorial.gal
www.airaeditorial.gal

TÍTULOS DA COLECCIÓN CLÁSICOS ILUSTRADOS

Vidas imaxinarias, de Marcel Schwob. 2017.

Frankenstein ou o Prometeo moderno, de Mary Shelley. 2019.

Unha noite no tren da Vía Láctea, de Kenji Miyazawa. 2020.

Heidi, de Johanna Spyri. Proximamente.

 

*Queda excluído Do abadexo á zorza, por ser unha coedición.

ª Nestes lotes extra non se inclúe ningún exemplar doutro título do catálogo de Aira.

Unha referencia a “Mecenas particulares

Os comentarios están pechados.