O I Festival Literario de Allariz celébrase os días 1 e 2 de xullo.
Noticias
Nace o Club Aira, a forma máis rendible de apoiar a nosa editorial
Presentamos o novo Club Aira, que incluirá dúas modalidades de vinculación coa nosa editorial. O Club Aira xorde tras tres anos de experiencia coas Mecenas Literarias, que sosteñen desde o 2018 a colección ‘Clásicos Ilustrados’. Agora, ademais de ser mecenas, podes ser socio e beneficiarte de varias vantaxes.
Ser socio do Club Aira permíteche obter un 25% de desconto en todos os nosos produtos de venda libre (bolsas, mapas, cadernos, pósters…). Nos próximos meses Aira editorial fará un esforzo para ofrecer máis produtos deste tipo no seu catálogo, dada a boa acollida das liñas presentadas até agora. Universos creativos como o do ilustrador Miguel Robledo ou os personaxes do Atlas da Galicia pequeniña e Historia da Galicia pequeniña contarán con novos artigos.
Ampla oferta de libros infantís e xuvenís en Aira
Aínda que nos gusta presumir de que temos tanta variedade de títulos e intereses que todos os nosos libros se poden desfrutar case que dos 0 aos 100 anos, xa falando en serio, Aira mantén unha ampla oferta de títulos pensados para o público infantil e xuvenil.
Preescolar
Para público prelector, no noso catálogo destaca a obra Teño dereitos, de Miguel Robledo, editado en colaboración coa asociación Esculca. Este libro didáctico e visualmente moi fermoso, é unha ferraenta para aprenderlles aos máis cativos a importancia dos dereitos humanos nunha sociedade democrática.
Verán 2021: Aira presenta sete novidades para todos os públicos
Banda deseñada, clásicos rescatados, libro ilustrado informativo, poesía e novela de intriga
Para o Día da Patria publícase unha nova biografía de Moncho Reboiras
Este verán vas poder escoller a túa próxima lectura en galego de entre un ramallete de novidades para todos os gustos. Aira editorial publica sete novidades que abarcan varios xéneros, gustos e públicos obxectivos.
Banda deseñada infantil
Se no 2020, en pleno confinamento por causa da covidia, Aira lanzaba ao mercado o primeiro número da súa colección de cómic para público infantil, Carriandola. As abraiantes aventuras de Mariña, de Aloysius e Simón Blanco; neste 2021, a colección refórzase con dous novos títulos.
‘Heidi’, novo título para o 2021 da colección ‘Clásicos Ilustrados’
Particulares e librarías poden apoiar o proxecto cunha nova modalidade: Mecenas Especial
No Nadal do 2021, Aira editorial quere publicar en galego o clásico da literatura alemá Heidi, escrito pola suíza Johanna Spyri no 1880 e que ao longo dos anos se converteu nun dos libros máis vendidos, recoñecidos e adaptados a outros formatos da narrativa infantil e xuvenil europea.
Como cada ano, o proxecto da nosa colección ‘Clásicos ilustrados’ precisa do apoio dos mecenas literarios quen, co seu compromiso, fan posible que sigamos publicando en galego obras fundamentais da biblioteca das letras universais.
‘Macedonia de versos’, premiado co Frei Martín Sarmiento 2019
O Frei Martín Sarmiento é un recoñecemento da asociación Escolas Católicas no que escollen as obras premiadas máis de 2.000 escolares de toda Galicia.
A entrega do premio celebrarase en novembro en Santiago.
As autoras manifestaron o seu agradecemento á comunidade lectora que premiou o seu traballo e aproveitaron para reivindicar a poesía infantil no formato ilustrado, un xénero aínda minoritario na edición galega mais cun grande horizonte expresivo.
A listaxe completa de premios Frei Martín Sarmiento 2019.
Aira súmase ao acordo para aumentar a marxe de beneficio das librarías
O acordo considera que as librarías de proximidade son as empresas que soportan o peso da difusión do libro en galego e actúan como principal elemento de promoción das nosas letras. Mediante esta alianza entre os dous elos da cadea do libro: edición e distribución, moitas librarías poderán beneficiarse, dun xeito directo e palpable na súa conta de resultados, perante a grave situación actual.
Aira editorial súmase, así, a unha iniciativa que procura manter o tecido cultural en vilas e cidades, case sempre sobre os ombreiros de libreiros e libreiras que poñen o seu talento e esforzo a prol da creatividade e a vitalidade da lingua e da cultura de noso.
Apoia a túa libraría cómplice comprando libros de Aira
E que ocorre neste tempo cos e coas amigas? Que as estrañamos, que queremos velas de novo. Nós queremos ver as librarías abertas de novo e funcionando. E queremos apoialas. Ti tamén podes.
Porque se compras un libro de Aira tanto a través do correo electrónico aira@airaeditorial.gal como a través da web de airadasletras.gal e nos comentas en que libraría cómplice terías comprado o teu exemplar, nós farémoslle chegar a súa porcentaxe de ganancia correspondente, o 40%.
Os métodos de pagamento son moi doados. Se compras a través do correo electrónico de Aira editorial só tes que efectuar unha transferencia. Para pagamentos con cartón, mellor en airadasletras.gal. Durante o proceso de compra simplemente tes que indicarnos cal é a túa libraría cómplice.
‘Unha noite no tren da Vía Láctea’, clásico ilustrado do 2020
Aínda que a obra que Kenji Miyazawa (1896-1933) publicou en vida foi escasa e gozou de pouca atención, os seus contos e poemas son hoxe en día lidos e apreciados tanto no seu país de orixe coma no resto do mundo.
Os seus contos infantís afástanse das obras canónicas que, nas primeiras décadas do século XX, se publicaban en revistas como a famosa Akai tori [O paxaro vermello]. Algúns dos elementos que influíron na creación do seu universo narrativo son a paisaxe da súa terra natal (Hanamaki, na prefectura de Iwate), o budismo que coñece e vive desde pequeno ou o falecemento prematuro da súa irmá Toshi, dous anos máis nova ca el. Miyazawa demostra na súa obra saber conxugar o amor polo local e a comunicación co outro e co universal, fronte ao ultranacionalismo e ao militarismo que imperaban no Xapón da súa época.
Ihatov é o nome do universo máxico que crea, unha imaxe especular da súa Iwate natal e da rexión de Tōhoku na cal verte toda a súa imaxinación poética. Un mundo poboado por crianzas, labregos, cazadores, espíritos do vento, homes das montañas, gatos bravos, corzos, raposos, osos, lobos e outra criaturas e elementos da Natureza. A pesar de que moitos dos contos póstumos foron publicados sen rematar, o propio autor corrixiu unha e outra vez a súa obra en vida, porque, como el mesmo chegou a afirmar «a perfección reside na eterna imperfección», adaxio que conecta coa tradicional visión estética xaponesa do wabi-sabi, a beleza no imperfecto e no transitorio.
Unha noite no tren da Vía Láctea é unha escolma dalgunhas das historias máis representativas deste autor imperecedoiro, contos que forman xa parte do imaxinario infantil xaponés e que, en moitas ocasións, teñen sido adaptados a outros formatos, coma o cinema, o teatro, a animación ou a banda deseñada.
Faite mecenas do noso novo proxecto de clásico ilustrado
- Que é ser mecenas?
Comprometerse a apoiar a publicación en galego de obras de referencia da literatura universal en edición ilustrada.
- Como me fago mecenas?
A cota anual é de 60 euros.
- Que recibo a cambio?
A cota dáche dereito a:
Recibir un exemplar do libro publicado asinado polo tradutor e dedicado cunha ilustración do artista.
Recibir unha lámina ilustrada (exclusiva e numerada) baseada no universo creativo da obra.
Un exemplar do libro Vidas imaxinarias,de Marcel Schwob.
Un agasallo sorpresa […]
Inscríbete na III Feira da Creación do Festival Allariz Debuxado
Xa está aberto o prazo de solicitude de praza na III Feira da Creación do IV Festival Allariz Debuxado que se celebra os días 31 de xaneiro e 1 de febreiro do 2020.
Durante todo o día do sábado, 1 de febreiro instalarase na praza de Abaixo unha nova feira de ilustración, deseño, edición e outras creatividades.
Temos á vosa disposición 15 postos, un por expositor.
Se queres participar só tes que enviar un correo a cesar.lorenzo@bencomun.gal cos seguintes datos:
-Nome do expositor
-Descrición da actividade do posto solicitado:
-NIF:
A repartición dos postos farase segundo a orde de solicitude.
Micropresentacións
Durante o IV Festival Allariz Debuxado volve abrirse a convocatoria para os creadores interesados en presentaren o seu traballo. Un formato áxil no que ilustradores e deseñadores poden dar a coñecer o seu mundo creativo nun ambiente informal de camaradaría.
As micropresentacións terán lugar o sábado, 1 de febreiro, ás 12h30, na sede da Fundación Vicente Risco de Allariz (Rúa de San Lourenzo, 3).
Se queres participar co teu proxecto, envíanos a túa solicitude a cesar.lorenzo@bencomun.gal cos seguintes datos:
-Nome e DNI:
-Breve descrición do proxecto que se quere presentar:
-Documentos gráficos que definan a presentación:
Admitiremos todas as propostas que cumpran cos fins da convocatoria até un máximo de doce. O tempo máximo de exposición é de 5 minutos.
O 20 de xaneiro remata o prazo de solicitude e inscrición en ambas iniciativas.
O 24 de xaneiro comunicarémoslles ás e aos solicitantes as condicións particulares da inscrición (material que precisamos, previsión de uso do espazo de actividades…)
Faille un selfie ao teu libro favorito de Aira e gaña un lote cos nosos títulos
Sorteamos dous lotes dos nosos sete títulos.
É moi doado participar. Só tes que publicar no Facebook unha foto na que apareza un dos nosos títulos nun ambiente que che sexa propio. Nas etiquetas só cómpre incluír o noso nome e tamén nomear a libraría onde se mercou. Porque o premio tamén serve para que esa libraría reciba como premio o deseño dunha ilustración orixinal por parte de Miguel Robledo que servirá para iluminar 1.000 marcafollas desa libraría.
SORTEAMOS 2 LOTES dos 7 títulos de AiraEditorial entre todas as persoas que publiquedes no Facebook (modo público) unha foto, feita no voso recanto favorito, dun dos nosos libros mercado nunha libraría.
Sorteo 1️⃣ Entre as persoas que mercasen un dos nosos libros en Airadasletras, Punto e Coma (Ourense) ou Punto e Coma Carballo
– A persoa (comprador/a) gañadora leva 1 lote dos nosos 7 títulos.
Sorteo 2️⃣ Entre as persoas que mercasen un dos nosos libros en calquera libraría (agás as do Sorteo #1).
– A persoa (comprador/a) gañadora leva 1 lote dos nosos 7 títulos.
– A libraría onde foi mercado leva unha ilustración orixinal de Miguel Robledo que será utilizada, ademais, para imprimir 1.000 Marcapáxinas.
ℹ️ CONDICIÓNS
– As fotos deben reflectir un espazo, como un local, paisaxe, vila, casa… (non fotos ‘só’ do libro).
– A publicación debe incluír a etiquetaxe AiraEditorial e, ademais, a da libraría onde se mercou (ou polo menos indicar claramente cal é).
– O sorteo realizarase na semana do 10 de xuño, e o resultado será anunciado no noso Facebook e directamente ás persoas gañadoras.
Aberta a inscrición para a II Feira da Creación do Festival Allariz Debuxado
Durante todo o día do sábado, 26 de xaneiro instalarase no Espazo BenComún, situado na praza da Torre Lombarda de Allariz, unha feira de ilustración, deseño, edición e outras creatividades.
Temos á vosa disposición módulos expositivos de 180×80 cm, un por expositor.
Se queres participar só tes que enviar un correo a cesar.lorenzo@bencomun.gal cos seguintes datos:
-Nome do expositor
-Descrición da actividade do posto solicitado:
-NIF:
A repartición dos postos farase segundo a orde de solicitude.
Micropresentacións
Durante o III Festival Allariz Debuxado volve abrirse a convocatoria para os creadores interesados en presentaren o seu traballo. Un formato áxil no que ilustradores e deseñadores poden dar a coñecer o seu mundo creativo nun ambiente informal de camaradaría.
As micropresentacións terán lugar o sábado, 27 de xaneiro, ás 12h30, no Espazo BenComún de Allariz.
Se queres participar co teu proxecto, envíanos a túa solicitude a cesar.lorenzo@bencomun.gal cos seguintes datos:
-Nome e DNI:
-Breve descrición do proxecto que se quere presentar:
-Documentos gráficos que definan a presentación:
Admitiremos todas as propostas que cumpran cos fins da convocatoria até un máximo de nove.
O 18 de xaneiro remata o prazo de solicitude e inscrición en ambas iniciativas.
O 21 de xaneiro comunicarémoslles ás e aos solicitantes as condicións particulares da inscrición (material que precisamos, previsión de uso do espazo de actividades…)
‘Alter·Nativo’, de Jorge Campos, premio ao mellor cómic galego do 2017
O Alter·Nativo, publicado por Aira editorial, impúxose na final e convértese no primeiro libro de banda deseñada en recibir este premio, xa que a categoría de cómic era a gran novidade desta edición da gala.
Aira editorial competía noutras dúas categorías: en mellor tradución, por Vidas imaxinarias, de Marcel Schwob, traducida ao galego por Samuel Solleiro, e na categoría de libro mellor editado, tamén para o Alter·Nativo.
A Feira da Creación é a gran novidade do II Festival Allariz Debuxado, que copatrocina Aira
Aberto o prazo de solicitude de praza na Feira de Creadores do II Festival Allariz Debuxado que se celebra na última fin de semana de xaneiro.
Durante todo o día do sábado, 27 de xaneiro instalarase na praza da Torre Lombarda de Allariz unha feira de ilustración, deseño, edición e outras creatividades.
Temos á vosa disposición 20 módulos expositivos de 90×80 cm.
Se queres participar só tes que enviar un correo a cesar.lorenzo@bencomun.gal cos seguintes datos: