Aberta a inscrición para a II Feira da Creación do Festival Allariz Debuxado

Xa está aberto o prazo de solicitude de praza na II Feira da Creación do III Festival Allariz Debuxado que se celebra na derradeira fin de semana de xaneiro

Durante todo o día do sábado, 26 de xaneiro instalarase no Espazo BenComún, situado na praza da Torre Lombarda de Allariz, unha feira de ilustración, deseño, edición e outras creatividades.

Temos á vosa disposición módulos expositivos de 180×80 cm, un por expositor.

Se queres participar só tes que enviar un correo a cesar.lorenzo@bencomun.gal cos seguintes datos:

-Nome do expositor

-Descrición da actividade do posto solicitado:

-NIF:

A repartición dos postos farase segundo a orde de solicitude.

Micropresentacións

Durante o III Festival Allariz Debuxado volve abrirse a convocatoria para os creadores interesados en presentaren o seu traballo. Un formato áxil no que ilustradores e deseñadores poden dar a coñecer o seu mundo creativo nun ambiente informal de camaradaría.

As micropresentacións terán lugar o sábado, 27 de xaneiro, ás 12h30, no Espazo BenComún de Allariz.

Se queres participar co teu proxecto, envíanos a túa solicitude a cesar.lorenzo@bencomun.gal cos seguintes datos:

 

-Nome e DNI:

-Breve descrición do proxecto que se quere presentar:

-Documentos gráficos que definan a presentación:

Admitiremos todas as propostas que cumpran cos fins da convocatoria até un máximo de nove.

 

O 18 de xaneiro remata o prazo de solicitude e inscrición en ambas iniciativas.

 

O 21 de xaneiro comunicarémoslles ás e aos solicitantes as condicións particulares da inscrición (material que precisamos, previsión de uso do espazo de actividades…)

 

Unha referencia a “Aberta a inscrición para a II Feira da Creación do Festival Allariz Debuxado

Comments are closed.