‘Alter·Nativo’, de Jorge Campos, premio ao mellor cómic galego do 2017

Jorge Campos recibiu en Santiago o Premio ao Mellor Cómic Galego do 2017 durante o transcurso da Gala do Libro, evento que organizan conxuntamente a Asociación Galega de Editoras, a Federación de Librarías de Galicia e a Asociación de Escritoras en Lingua Galega.

Alter·Nativo, publicado por Aira editorial, impúxose na final e convértese no primeiro libro de banda deseñada en recibir este premio, xa que a categoría de cómic era a gran novidade desta edición da gala.

Aira editorial competía noutras dúas categorías: en mellor tradución, por Vidas imaxinarias, de Marcel Schwob, traducida ao galego por Samuel Solleiro, e na categoría de libro mellor editado, tamén para o Alter·Nativo.