Este ano no Allariz Debuxado hai feirón!
Aberto o prazo de solicitude de praza na Feira de Creadores do II Festival Allariz Debuxado que se celebra na última fin de semana de xaneiro.
Durante todo o día do sábado, 27 de xaneiro instalarase na praza da Torre Lombarda de Allariz unha feira de ilustración, deseño, edición e outras creatividades.
Temos á vosa disposición 20 módulos expositivos de 90×80 cm.
Se queres participar só tes que enviar un correo a cesar.lorenzo@bencomun.gal cos seguintes datos:
-Nome do expositor
-Descrición da actividade do posto solicitado:
-NIF:
-Número de módulos que se solicitan (un máximo de dous):
Micropresentacións
Durante o II Festival Allariz Debuxado volve abrirse a convocatoria para os creadores interesados en presentaren o seu traballo. Un formato áxil no que ilustradores e deseñadores poden dar a coñecer o seu mundo creativo nun ambiente informal de camaradaría.
As micropresentacións terán lugar o sábado, 27 de xaneiro, ás 16h30, no Espazo BenComún de Allariz.
Se queres participar co teu proxecto, envíanos a túa solicitude a cesar.lorenzo@bencomun.gal cos seguintes datos:
-Nome e DNI:
-Breve descrición do proxecto que se quere presentar:
-Documentos gráficos que definan a presentación:
O 19 de xaneiro remata o prazo de solicitude e inscrición en ambas iniciativas.
O 22 de xaneiro comunicarémoslles ás e aos solicitantes as condicións particulares da inscrición (material que precisamos, previsión de uso do espazo de actividades…)
No caso de haber máis solicitantes que lugares para ambas iniciativas, sortearemos tanto as prazas na feira coma na quenda de micropresentacións.
Unha referencia a “A Feira da Creación é a gran novidade do II Festival Allariz Debuxado, que copatrocina Aira”
Os comentarios están pechados.