Inscríbete na III Feira da Creación do Festival Allariz Debuxado

Xa está aberto o prazo de solicitude de praza na III Feira da Creación do IV Festival Allariz Debuxado que se celebra os días 31 de xaneiro e 1 de febreiro do 2020.

Durante todo o día do sábado, 1 de febreiro instalarase na praza de Abaixo unha nova feira de ilustración, deseño, edición e outras creatividades.

Temos á vosa disposición 15 postos, un por expositor.

Se queres participar só tes que enviar un correo a cesar.lorenzo@bencomun.gal cos seguintes datos:

-Nome do expositor

-Descrición da actividade do posto solicitado:

-NIF:

A repartición dos postos farase segundo a orde de solicitude.

Micropresentacións

Durante o IV Festival Allariz Debuxado volve abrirse a convocatoria para os creadores interesados en presentaren o seu traballo. Un formato áxil no que ilustradores e deseñadores poden dar a coñecer o seu mundo creativo nun ambiente informal de camaradaría.

As micropresentacións terán lugar o sábado, 1 de febreiro, ás 12h30, na sede da Fundación Vicente Risco de Allariz (Rúa de San Lourenzo, 3).

Se queres participar co teu proxecto, envíanos a túa solicitude a cesar.lorenzo@bencomun.gal cos seguintes datos:

 

-Nome e DNI:

-Breve descrición do proxecto que se quere presentar:

-Documentos gráficos que definan a presentación:

Admitiremos todas as propostas que cumpran cos fins da convocatoria até un máximo de doce. O tempo máximo de exposición é de 5 minutos.

 

O 20 de xaneiro remata o prazo de solicitude e inscrición en ambas iniciativas.

 

O 24 de xaneiro comunicarémoslles ás e aos solicitantes as condicións particulares da inscrición (material que precisamos, previsión de uso do espazo de actividades…)