Le de balde o noso novo cómic, ‘Carriandola’

Carriandola en formato pdf

Se non houbese corentena, se non houbese coronavirus, en moi poucos días os e as amantes da banda deseñada poderiades estar vendo e comprando nas vosas librarías de referencia o novo título de Aira editorial, Carriandola, un cómic pensado para todos os públicos, obra de Aloysius e Simón Blanco, que narra as aventuras dunha heroína moi especial, a nena Mariña.

O cómic publícase dentro do programa #OTeuXacobeo, da Xunta de Galicia, co gallo do Ano Xacobeo 2021 e quere servir tamén para dar a coñecer mellor a Vía da Prata-Camiño Mozárabe, unha ruta cara a Compostela que atravesa desde o leste a provincia de Ourense. Carriandola desenvólvese no tramo da ruta que percorre a comarca de Allariz-Maceda.

Para amenizar os días na casa, por tempo limitado ofrecemos para a lectura gratuíta a versión dixital de Carriandola. As abraiantes aventuras de Mariña, un cómic que nos presenta un 2020 alternativo e algo apocalíptico. Un tempo no que a electricidade desapareceu e a xente vive a incerteza polo futuro. Mariña, unha nena especial, alérxica á mentira, está a piques de vivir unha emocionante aventura que a axudará a entender mellor quen é.

Esperamos que o desfrutedes.

2 referencias a “Le de balde o noso novo cómic, ‘Carriandola’

Os comentarios están pechados.