A obra de Concha Blanco e Lidia Nokonoko Macedonia de versos foi recoñecida co Premio Frei Martín Sarmiento 2019 na categoría de obras adecuadas para crianzas dos cursos de 1º e 2º de Ensino Primario.
O Frei Martín Sarmiento é un recoñecemento da asociación Escolas Católicas no que escollen as obras premiadas máis de 2.000 escolares de toda Galicia.
A entrega do premio celebrarase en novembro en Santiago.
As autoras manifestaron o seu agradecemento á comunidade lectora que premiou o seu traballo e aproveitaron para reivindicar a poesía infantil no formato ilustrado, un xénero aínda minoritario na edición galega mais cun grande horizonte expresivo.
A listaxe completa de premios Frei Martín Sarmiento 2019.