Animais miticos POSTER 1

Curso de iniciación á banda deseñada

Curso de Iniciación á banda deseñada dirixido a quen toma por primeira vez contacto co medio, así como a aqueles que queiran redescubrir as bases sobre as que se asenta esta arte.

A finalidade da banda deseñada é contar historias, polo que o obradoiro centrarase en coñecer e traballar os mecanismos narrativos e aspectos esenciais propios do proceso creativo dun cómic.

Non se trata dun obradoiro para aprender a debuxar, aínda que tamén se dean certas pautas para traballar este aspecto, polo que non será necesario un nivel mínimo de debuxo para realizar o curso.

Autor: Jorge Campos

Público obxectivo: entre os 6 e os 12 anos (Primaria).

Número máximo de asistentes: grupo de 10 a 15 participantes.

Duración: 10 sesións de 3 horas cada unha (Total: 30 horas).

Intendencia do relator:

Non se necesita ningún material por parte do relator. Ocasionalmente, o docente poderá levar material propio para lles amosar aos alumnos (libros publicados, ilustracións orixinais, utensilios, etc).

En canto ó centro ou lugar onde se vaia impartir o obradoiro, necesítase un espazo ben iluminado e cómodo, con mesas amplas para debuxar e, preferiblemente, un proxector para expor a parte teórica e as actividades.

Os materiais a empregar serán fundamentalmente útiles de debuxo (lapis, goma, bolígrafo, pilot, cores, etc) e papeis convencionais ou caderno de bosquexos.

Tarifa: 300€ (actividade exenta de IVE).

Outros gastos:

  • Desprazamento incluído.
  • O material teno que achegar o alumno ou centro.

Unha referencia a “Curso de iniciación á banda deseñada

Os comentarios están pechados.