Historia Galicia Pequenina Portada

Os galaico-romanos

Como viviron os nosos antepasados? Como eran as casas na cultura castrexa? E os poboados? Que materiais empregaban? E se probamos nós a construír?
Descubramos o noso pasado e a nosa historia dun xeito dinámico e mais rigoroso.

Infantil e primaria: mediante dramatización e réplicas mostrarémoslles como eran os nosos antepasados para, posteriormente, realizar eles o seu propio debuxo castrexo.

ESO e Bacharelato: Con 50 réplicas explicarémoslles aos rapaces algúns aspectos de ambas culturas, e como mediante os restos arqueolóxicos e as fontes escritas os arqueólogos e historiadores estudan o noso pasado.

Impartido por: Xeitura

Público obxectivo: Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato.

Número máximo de asistentes: grupo de 25 a 30 participantes.

Duración: 75 minutos (adaptable ás necesidades do centro).

Intendencia do relator:

Unha sala con mesas e cadeiras suficientes para realizar a actividade.

Unha mesa para os materiais da actividade e para o proxector.

Tarifa: 385€ (IVE incluído).

Outros gastos:

  • Desprazamento: 0,20€/Km + IVE
  • O material está incluído.