Carro de compra
Non hai artigos no teu carro.
Joaquín Vaamonde Cornide foi un dos máis destacados membros da Xeración Doente. O seu falecemento con só 29 anos impediulle alcanzar maiores cotas artísticas, mais a súa carreira foi fulgurante.
Coñecido principalmente polos seus marabillosos retratos, entre os destaca o de Emilia Pardo Bazán, descoñecíase até agora parte da súa biografía.
Perfecto Ramos Rodríguez desvela a súa exitosa traxectoria en América, tanto en Buenos Aires coma no Paraguai, onde foi pintor de cámara da elite republicana e chegou a pintar a galería de presidentes no Palacio Nacional. Unha figura fundamental na historia das artes plásticas que brillou sobre o lenzo e tamén na ilustración de xornais, libros e revistas.