O segredo das irmás Asorey (Marta Estévez) | Aira editorial
O segredo das irmás Asorey (Marta Estévez) | Aira editorial

O segredo das irmás Asorey

Marta Estévez

21,90 €
IVA incluido

A proclamación da II República, o 14 de abril do 1931, coincide coa morte do prestixioso doutor Asorey en Santiago de Compostela e co asasinato da lavandeira que se ocupaba de facer a bogada na casa del. A incerteza do tempo histórico e o medo das súas catro fillas, que vivían con el, vainas obrigar a tomar unha decisión que condicionará as súas vidas para sempre.

Unha novela de personaxes, que recrea un mundo a piques de mudar para sempre. No seu debú literario, Marta Estévez demostra ter man para crear situacións de intriga e atopar nos detalles o fío que une o evidente co máis profundo do ser humano.

Este libro inaugura a nosa nova Colección Emilia:

No 2010, na rúa de Emilia Pardo Bazán de Allariz, abre a Aira das Letras, libraría na que foi levedando a idea da editorial Aira. A colección Emilia é unha tripla homenaxe: á grande autora clásica, á literatura saborosa que se recrea nas grandes historias humanas, ás lectoras e lectores que buscan decotío na libraría esas novelas inesquecibles.

Obras ambientadas en Galicia de autoras galegas de expresión castelá, traducidas ao galego.

 
ISBN
978-84-127695-5-5
Data publicación
01-03-2024
Medidas
160 x 220 mm
Páxinas
372
Tapa
Rústica