Suite Francesa (Iréne Némirovsky) | Aira editorial
Suite Francesa (Iréne Némirovsky) | Aira editorial

Suite Francesa

Iréne Némirovsky

29,90 €
  • 28,41 €

Verán do 1940. O exército alemán avanza cara a París. A poboación foxe das súas casas na capital e inicia un éxodo por estrada para evitar a guerra. Nese mesmo momento, Irène Némirovsky empeza a escribir a que vai ser a súa magna obra: un fresco coral sobre ese tempo de incerteza e medo.

Suite francesa é o testemuño en tempo real da ocupación nazi de Francia, que a súa autora non puido culminar porque foi asasinada en Auschwitz. Unha obra inesquecible sobre as emocións humanas en condicións extremas.

 
ISBN
978-84-128837-4-9
Data publicación
30-09-2024
Medidas
160 x 220 mm
Páxinas
448
Tapa
Dura
Idade recomendada
+16