A máis recóndita memoria dos homes
Mohamed Mbougar Sarr
- 21,76 €
PREMIO GONCOURT 2021
Diégane Latyr Faye, escritor senegalés emigrado en París, descobre o mítico libro O labirinto do inhumano, publcado no 1938, que convertera nun maldito o seu autor, T. C. Elimane, polas acusacións de plaxio. Fascinado por el, Faye pescuda o seu rastro a través dos relatos das persoas que o coñeceron e o amaron.
Esta novela lese como un policial literario, unha viaxe de Francia a Arxentina; de Ámsterdam ao Senegal, mais tamén como un canto ao poder das letras para cambiar as nosas vidas e estiñar a dor, como un canto moi fermoso á vida, aos seus segredos e á súa fugacidade. Como unha profunda reflexión sobre a relación entre as culturas africanas e a Europa que as colonizou.
Esta obra recibiu unha axuda do Ministerio de Cultura, a través da Dirección General del Libro, del Cómic y de la Lectura