Do amor salgado (Modesto Fraga)
Do amor salgado (Modesto Fraga)
Do amor salgado (Modesto Fraga)

Do amor salgado

Modesto Fraga

16,00 €
  • 15,20 €

Do amor salgado, cando se publicou a súa primeira edición no 1997, converteuse nun referente da nova poesía que estaba a escribir unha nova xeración, a dos 90, que rápido se consolidou nas letras contemporáneas. Agora ve a luz a súa segunda edición, revisada e aumentada con dez poemas inéditos até agora.

O seu autor, que formou parte do mítico Batallón Literario da Costa da Morte, desenvolve neste libro unha lírica apegada ao territorio e ao idioma, rigoroso na tradición métrica e ambicioso na busca da excelencia literaria.

«Velaquí pois o forte vínculo sensitivo que nos ofrece Modesto Fraga entre os corpos amados e a paisaxe mariña fisterrá», Miro Villar.

 
ISBN
979-13-990546-8-2
Data publicación
17-11-2025
Medidas
13x21 cm
Páxinas
128
Tapa
Rústica
Idade recomendada
+16 anos