Carro
Non hai máis artigos no teu carro
O ruletista
Mircea Cărtărescu
19,95 €
- 18,95 €
Mircea Cărtărescu condensa neste relato febril a historia dun home que converte a ruleta rusa nun espectáculo público e hipnótico. Unha parábola escura e poética sobre a fama, a morte e a necesidade desesperada de transcendencia, escrita coa materia prima da boa literatura. Unha viaxe alucinada á Bucarest do tempo de Ceaușescu.
As ilustracións de Ramón Trigo converten o universo d'O ruletista nunha viaxe onírica que esgaza o máis íntimo da condición humana.

Esta obra recibiu unha axuda do Ministerio de Cultura, a través da Dirección General del Libro, del Cómic y de la Lectura