O caderno de Rutka (Rutka Laskier) | Aira editorial
O caderno de Rutka (Rutka Laskier) | Aira editorial
O caderno de Rutka (Rutka Laskier) | Aira editorial

O caderno de Rutka

Rutka Laskier

16,00 €
  • 15,20 €

En 1943, con apenas catorce anos, Rutka Laskier comeza a escribir un caderno no que deixa constancia da súa vida no gueto xudeu de Bedzin, na Polonia ocupada polos nazis. Entre as páxinas aparecen os seus medos, desexos, amizades, o primeiro amor e as preocupacións propias dunha adolescente, mais asemade a progresiva destrución do mundo que coñece. O que comeza como o diario íntimo dunha rapaza é tamén un testemuño extraordinario sobre o Holocausto.

Escrito con espontaneidade, humor, rebeldía e unha sorprendente madurez, O caderno de Rutka reconstrúe os últimos meses da vida de Rutka Laskier antes da súa deportación a Auschwitz. O seu caderno, conservado durante décadas e descuberto no 2006, converteuse nun dos testemuños máis conmovedores da persecución nazi, pola súa capacidade para facer visible, desde a intimidade, a vida cotiá das vítimas do xenocidio dos xudeus.

Produto sen plástico

Logo do Ministerio de Cultura e de Lectura InfinitaEsta obra recibiu unha axuda do Ministerio de Cultura, a través da Dirección General del Libro, del Cómic y de la Lectura

 
ISBN
979-13-992757-2-8
Data publicación
24-09-2026
Medidas
17x24 cm
Páxinas
56
Tapa
Dura
Ilustrador
Miguel Robledo
Idade recomendada
+12 anos