Carro de compra
Non hai artigos no teu carro.
Tres contos para crianzas
Vicente Risco
16,00 €
IVA incluido
Tres pequenas historias cheas de encanto e de retranca. Aquí os labregos e labregas conversan con reis e mouras e grazas ao seu enxeño e bondade apréndennos que a intelixencia é máis valiosa ca o ouro. Con este libro, escrito na década do 1920, Vicente Risco converteuse en pioneiro da literatura infantil en galego. Agora edítanse coas imaxinativas ilustracións de Noemí López e seguindo a edición e actualización ortográfica de Xulio Pardo de Neyra, un dos grandes eruditos na obra do ourensán.