Unha noite no tren da Vía Láctea (Kenji Miyazawa) | Aira editorial
Unha noite no tren da Vía Láctea (Kenji Miyazawa) | Aira editorial

Unha noite no tren da Vía Láctea

Kenji Miyazawa

27,90 €
  • 26,51 €

SELECCIONADO NA LISTA DE HONRA DO IBBY 2022 NA CATEGORÍA DE TRADUCIÓN

Por fin a famosísima obra literaria de Kenji Miyazawa se publica en galego. Neste volume, traducido por Gabriel Álvarez e ilustrado por Miguel Robledo, inclúense sete dos seus relatos máis coñecidos: ‘Unha noite no tren da Vía Láctea’, ‘A estrela da avenoiteira’, ‘A araña, a lesma e o tanuki’, ‘A oficina dos gatos’, ‘Orbel e o elefante’, Matasaburó, o do vento’ e ‘Gauche o violoncellista’. A poesía do cotián, a desbordante imaxinación e a tenrura caracterizan un clásico moderno, considerado “o Principiño” da literatura xaponesa. Este libro forma parte da colección ‘Clásicos ilustrados’ e puido publicarse mercé ao apoio económico de máis de 60 mecenas.

 
ISBN
978-84-122631-4-5
Data publicación
15-12-2020
Medidas
160 x 220 mm
Páxinas
276
Tapa
Dura
Idade recomendada
+12