O xardín secreto (Frances Hodgson Burnett) | Aira editorial
O xardín secreto (Frances Hodgson Burnett) | Aira editorial

O xardín secreto

Frances Hodgson Burnett

17,00 €
IVA incluido

Mary Lennox é unha nena orfa que se ten que mudar á mansión do seu tío, en Yorkshire, ao norte de Inglaterra, un territorio dominado pola natureza indómita do páramo.

Afeita a mandaricar, grazas á sua criada Martha e ao xardineiro Ben Weatherstaff descubrirá os beneficios do aire puro, a natureza e, sobre todo, os xardíns.

O día que descubra unha chave enterrada e coñeza a Dickon, o neno encantador de criaturas salvaxes, a súa vida cambiará para sempre. Unha historia sobre o poder da beleza e da amizade. Unha novela fermosa e inmortal, perfecta coma unha rosa.

 
ISBN
978-84-123849-3-2
Data publicación
01-09-2021
Medidas
130 x 210 mm
Páxinas
296
Tapa
Rústica