O camiño do lume (María Oruña) | Aira editorial
O camiño do lume (María Oruña) | Aira editorial

O camiño do lume

María Oruña

20,90 €
IVA incluido

Arthur Gordon, o pai do mozo de Valentina Redondo, atopa no castelo de Huntly, que acaba de comprar, nun cuarto secreto, unha pista sobre o paradoiro das memorias de Lord Byron, supostamente queimadas hai case douscentos anos, xusto cando a tenente está de vacacións en Escocia. A nova chama a atención da prensa, pero algo horrible vai complicalo todo.

Ao tempo, viaxaremos ao Aberdeen do século XIX para coñecer a historia de paixón prohibida e libros entre a moza Mary McLeod, de boa familia, e Jules Berlioz, un libreiro cun pasado difícil, cuxo misterio sobrevive até os nosos días.

Na quinta novela de ‘Os libros de Puerto Escondido’ María Oruña proponnos unha viaxe a través das evocadoras terras escocesas e dos libros luminosos e arrebatados do romanticismo británico.

 
ISBN
978-84-125593-0-9
Data publicación
30-06-2022
Medidas
160 x 220 mm
Páxinas
328
Tapa
Rústica

Outras obras da autora: