Os Lobariñas Feixoo (Perfecto Ramos Rodríguez) | Aira editorial
Os Lobariñas Feixoo (Perfecto Ramos Rodríguez) | Aira editorial

Os Lobariñas Feixoo. Luz e memoria nos Séculos escuros

Perfecto Ramos Rodríguez

19,95 €
  • 18,95 €

Gregorio Lobariñas Feixoo é unha das figuras máis descoñecidas e atractivas da nosa historia cultural. Este inquisidor de Crecente escribiu As Galegadas, de a cabalo entre os séculos XVI e XVII, obra hoxe perdida, mais escrita en lingua galega en plenos Séculos Escuros.

Antonio Jacinto Lobariñas Feixoo, un dos seus parentes, nacido en Filgueira (Crecente) no século XVIII, exerceu a Medicina e colaborou co Padre Sarmiento nas súas investigacións sobre as propiedades curativas das plantas.

Perfecto Ramos Rodríguez aproveita as biografías destes dous intelectuais para retratar un vívido fresco sobre os tempos dos Lobariñas Feixoo e crebar moitos dos mitos que perduran sobre a situación da cultura escrita en lingua galega.

 
ISBN
978-84-126649-4-2
Data publicación
25-04-2023
Medidas
148 x 210 mm
Páxinas
280
Tapa
Rústica
Idade recomendada
+16