Breo. O celta que desafiou a Roma (Francisco Narla) | Aira editorial
Breo. O celta que desafiou a Roma (Francisco Narla) | Aira editorial

Breo. O celta que desafiou a Roma

Francisco Narla

23,50 €
IVA incluido

Breo é só un neno cando un ataque a traizón arrasa o castro de Lagouzos onde era xefe o seu pai. El foi o único que se salvou. Os que non morreron foron escravizados nas inmensas minas de ouro que alimentan os delirantes soños do emperador Nerón. O Imperio Romano chegou a Gallaecia disque para edificar pontes e calzadas, mais tamén a destrución: da terra e dos vellos costumes. Tana, unha das derradeiras irmás da Orde, tece un plan para impedilo, para que os vellos clans abandonen as súas discordias e se unan de novo fronte ao invasor.

Francisco Narla escribiu unha novela histórica que se le coma unha superprodución cinematográfica. Épica, aventura, personaxes inesquecibles… Horas e horas de nutritivo entretemento.

 
ISBN
978-84-126649-5-9
Data publicación
02-05-2023
Medidas
160 x 220 mm
Páxinas
472
Tapa
Rústica