Faille un selfie ao teu libro favorito de Aira e gaña un lote cos nosos títulos

Participa no noso concurso selfie de libros.

Sorteamos dous lotes dos nosos sete títulos.

É moi doado participar. Só tes que publicar no Facebook unha foto na que apareza un dos nosos títulos nun ambiente que che sexa propio. Nas etiquetas só cómpre incluír o noso nome e tamén nomear a libraría onde se mercou. Porque o premio tamén serve para que esa libraría reciba como premio o deseño dunha ilustración orixinal por parte de Miguel Robledo que servirá para iluminar 1.000 marcafollas desa libraría.

 

SORTEAMOS 2 LOTES dos 7 títulos de AiraEditorial entre todas as persoas que publiquedes no Facebook (modo público) unha foto, feita no voso recanto favorito, dun dos nosos libros mercado nunha libraría.

Sorteo 1️⃣ Entre as persoas que mercasen un dos nosos libros en AiradasletrasPunto e Coma (Ourense) ou Punto e Coma Carballo
– A persoa (comprador/a) gañadora leva 1 lote dos nosos 7 títulos.

Sorteo 2️⃣ Entre as persoas que mercasen un dos nosos libros en calquera libraría (agás as do Sorteo #1).
– A persoa (comprador/a) gañadora leva 1 lote dos nosos 7 títulos.
– A libraría onde foi mercado leva unha ilustración orixinal de Miguel Robledo que será utilizada, ademais, para imprimir 1.000 Marcapáxinas.

ℹ️ CONDICIÓNS
– As fotos deben reflectir un espazo, como un local, paisaxe, vila, casa… (non fotos ‘só’ do libro).
– A publicación debe incluír a etiquetaxe AiraEditorial e, ademais, a da libraría onde se mercou (ou polo menos indicar claramente cal é).
– O sorteo realizarase na semana do 10 de xuño, e o resultado será anunciado no noso Facebook e directamente ás persoas gañadoras.