Servizos editoriais

Amais de publicar os nosos libros, Aira editorial pode axudarche a publicar os teus. Temos experiencia en edición comercial e persoal formado en Comunicación, Literatura e Lingua Galega. Tamén en Ilustración e Deseño.

Contamos coas ferramentas principais para a maquetación e ilustración en calquera sistema operativo e estamos actualizados en todas as áreas, polo que podemos asesorarte no teu próximo proxecto.

SERVIZOS

EDICIÓN E CORRECCIÓN DE ESTILO, LINGÜÍSTICA E ORTOTIPOGRÁFICA

Temos profesionais que poden axudarche a mellorar a túa obra de ficción, con experiencia en creación, edición e crítica literaria. Traballamos cóbado con cóbado co autor para tirar o máximo partido á súa imaxinación e historia. Relatos, novelas, poesía, ensaio, guións para cómic...

Tamén corriximos orixinais, eliminando grallas relativas á lingua (en castelán e galego) ou ao estilo e puntuación.

Ofrecemos servizo de consultoría artística sobre ilustración (álbum ilustrado, cómic...). Contamos con profesionais de grande experiencia na dirección de arte e na ilustración editorial.

-Revisión de orixinais.

-Avaliación de traballos gráficos ou de ilustración.

-Revisión de probas de imprenta en calquera soporte informático.

PRODUCIÓN EDITORIAL

-Maquetación de catálogos, revistas e libros.

-Ilustración e deseño artístico de portadas e interiores.

-Impresión dixital baixo demanda (desde 4 exemplares).

-Impresión ofset.

DESENVOLVEMENTO DE CONTIDOS

En Aira editorial podemos crear os contidos que necesites. Temos profesionais da Comunicación con experiencia en Xornalismo, Historia e Documentación.

-Documentación para proxectos editoriais, pedagóxicos, para exposicións ou monografías.

-Creación literaria.

-Redacción xornalística e xestión de medios de comunicación.

-Ilustración (libros de texto, revistas, exposicións, monografías...).