Allariz Debuxado - II Festival da Arte da Ilustración

A Feira da Creación é a gran novidade do II Festival Allariz Debuxado, que copatrocina Aira

Este ano no Allariz Debuxado hai feirón!

Aberto o prazo de solicitude de praza na Feira de Creadores do II Festival Allariz Debuxado que se celebra na última fin de semana de xaneiro.

Durante todo o día do sábado, 27 de xaneiro instalarase na praza da Torre Lombarda de Allariz unha feira de ilustración, deseño, edición e outras creatividades.

Temos á vosa disposición 20 módulos expositivos de 90×80 cm.

Se queres participar só tes que enviar un correo a cesar.lorenzo@bencomun.gal cos seguintes datos: Ler máis...

Dani Padrón

Ourense, 1983. Arquitecto pola ETSA da Coruña. Chegou á ilustración a través da caricatura e do cómic, tras gañar un accésit no IX Concurso Galego de Caricaturistas Noveis (Ourense, 2009) e un segundo premio no XIV Certame de Cómic de Cangas en 2010. Comezou a súa andaina como ilustrador infantil en 2011 co premio Pura e Dora Vázquez. Dende entón publicou varios álbums.  O seu traballo para Pan de millo (de Migallas Teatro, editado por Kalandraka en 2013) foi seleccionado para participar na Bienal de Bratislava en 2015. Ler máis...

Óscar Villán

Naceu en Valladolid en 1972. Ese mesmo ano, conta el, “levárono para Ourense”. Estudou no colexio Calvo Sotelo e no instituto de As Lagoas. Logo en Pontevedra, na facultade de Belas Artes e na Escola de Carpintaría. Traballa ilustrando desde 1998. Vive en Teo, ao lado de Santiago de Compostela.

Obras do autor

Pablo Otero

Pablo Otero é un artista visual galego.

Realizou estudos universitarios de Belas Artes aínda que a súa formación como profesional é predominantemente de carácter autodidacta. As súas propostas no ámbito da edición e do libro ilustrado son diversas e nos últimos vinte anos ten colaborado en diversos proxectos e formatos, como libros de artista, poemarios, libros obxecto, tebeo, guías didácticas ou álbum infantil ilustrado. Do seu traballo na industria do libro salienta unha predilección por formatos destinados ao público máis novo, un aceno marcadamente interdisciplinar e experimental, tamén un gusto especial por técnicas e ferramentas consideradas tradicionais. Dos seus traballos para Kalandraka editora, Contos por teléfono de Gianni Rodari, forma parte da Lista de Honor do IBBY. Compaxina a actividade editorial coa docencia en Arte que desenvolve no marco da UE. Colabora con estudios de arquitectura en propostas de obra pública. Ler máis...