Vidas Imaxinarias, de Marcel Schwob

‘Vidas imaxinarias’, no ‘Fugas’ de ‘La Voz de Galicia’

Vidas imaxinarias, de Marcel Schwob

Marcel Schwob

Vidas imaxinarias (tradución de Samuel Solleiro)

Aira, Allariz, 184 páxinas, 24,90 €, 2017.

Hai poucas datas botou a andar un novo proxecto editorial que, sen dúbida, cómpre saudar. Baixo o nome de Aira, “da man da experiencia lectora e lletraferit da libraría (allaricense) Aira das Letras”, lánzase ao mercado con tres títulos diferentes: Alter-Nativo, un suxestivo cómic de Jorge Campos, sen palabras e con múltiples niveis de lectura; o libro de poemas Curiosidade que, desde o título, convida a internarnos na estética singular de Estíbaliz Espinosa e mais estas Vidas imaxinarias, de Marcel Schwob. Ler máis...

Dani Padrón

Ourense, 1983. Arquitecto pola ETSA da Coruña. Chegou á ilustración a través da caricatura e do cómic, tras gañar un accésit no IX Concurso Galego de Caricaturistas Noveis (Ourense, 2009) e un segundo premio no XIV Certame de Cómic de Cangas en 2010. Comezou a súa andaina como ilustrador infantil en 2011 co premio Pura e Dora Vázquez. Dende entón publicou varios álbums.  O seu traballo para Pan de millo (de Migallas Teatro, editado por Kalandraka en 2013) foi seleccionado para participar na Bienal de Bratislava en 2015. Ler máis...

Óscar Villán

Naceu en Valladolid en 1972. Ese mesmo ano, conta el, “levárono para Ourense”. Estudou no colexio Calvo Sotelo e no instituto de As Lagoas. Logo en Pontevedra, na facultade de Belas Artes e na Escola de Carpintaría. Traballa ilustrando desde 1998. Vive en Teo, ao lado de Santiago de Compostela.

Pablo Otero

Pablo Otero é un artista visual galego.

Realizou estudos universitarios de Belas Artes aínda que a súa formación como profesional é predominantemente de carácter autodidacta. As súas propostas no ámbito da edición e do libro ilustrado son diversas e nos últimos vinte anos ten colaborado en diversos proxectos e formatos, como libros de artista, poemarios, libros obxecto, tebeo, guías didácticas ou álbum infantil ilustrado. Do seu traballo na industria do libro salienta unha predilección por formatos destinados ao público máis novo, un aceno marcadamente interdisciplinar e experimental, tamén un gusto especial por técnicas e ferramentas consideradas tradicionais. Dos seus traballos para Kalandraka editora, Contos por teléfono de Gianni Rodari, forma parte da Lista de Honor do IBBY. Compaxina a actividade editorial coa docencia en Arte que desenvolve no marco da UE. Colabora con estudios de arquitectura en propostas de obra pública. Ler máis...

Marcel Schwob

(1867-1905). É un dos máis importantes escritores en lingua francesa de todos os tempos a pesar de ter escrito poucas obras. Está considerado un dos renovadores da literatura de aventuras. Discípulo de Robert Louis Stevenson, a súa narrativa destaca pola imaxinación, a precisión do seu estilo e a capacidade de evocación. Dise del que é un lector metido a escritor e de aí que conecte tanto cos lectores máis ávidos, aqueles que están a descubrir todas as posibilidades da literatura como xeito de vivir máis vidas que a propia vida. A súa obra cumio é Vidas imaxinarias, agora publicada por Aira. Outros dos seus libros máis recoñecidos son A Cruzada dos nenos e O libro de Monelle. Ler máis...