Memo “Animais míticos do Camiño de Santiago”
A partir de 3 anos.
Co patrocinio do Programa O Teu Xacobeo 21-22.
COMO SE XOGA.
Número de xogadores: Até catro.
Obxectivo: Formar o maior número posible de parellas.
Material do xogo: 32 fichas.
Preparación: Colocar ao chou todas as fichas boca abaixo aliñadas en columnas e filas.
O xogo: Xógase por quendas. O primeiro xogador (o máis novo) dálles a volta a dúas fichas e amósallas ao resto de xogadores. Se as dúas fichas forman unha parella gárdaas e continúa a xogar até que non consiga formar outra parella. Se non consegue ningunha parella vólveas colocar boca abaixo no mesmo lugar no que estaban. Pásase a vez; o seguinte xogador dálles a volta a dúas cartas máis e pode relacionalas entre si ou coas que xa se amosaran anteriormente co fin de formar unha parella. O xogo finaliza cando acaban as cartas. O vencedor é o xogador que deu feito o maior número de parellas.