Boulder
Eva Baltasar
16,00€
Á protagonista desta novela a súa moza chámalle Boulder, coma eses cons illados que aturan os vagallóns chantados no medio dos océanos. Mais que ocorrerá con esa muller que foxe de todo e de todos na procura da súa liberdade plena cando sinta que o amor está a piques de mudala para sempre?
Nesta obra Eva Baltasar demostra que é unha das escritoras con máis personalidade e oficio na literatura actual. Un concentrado de alta literatura. A primeira obra catalá que foi finalista do Premio Booker Internacional, na súa edición do 2023.
PREMIO ÒMNIUM Á MELLOR NOVELA DO ANO 2020
Ficha técnica
ISBN:
Medidas:
Páxinas:
Tapa:
978-84-126649-6-6
13x21 cm
96
Rústica