O emperador de Portugalia
Selma Lagerlöf
19,95€
O vello Jan nunca pensou en ter unha filla e a noticia incomodouno. Mais a primeira vez que colle no colo a súa meniña vaille cambiar a vida. Tan pobre como é, o amor da súa filla parécelle un tesouro. Cando ela teña que marchar para gañar diñeiro co que evitar o desafiuzamento dos pais, Jan creará unha fantasía para fuxir da dura realidade da separación e dos rumores na aldea.
Unha obra mestra da literatura universal con fasquía de conto, onde a fantasía e a poesía enriquecen un relato realista sobre as desigualdades sociais e a fortaleza do espírito humano para soportar as feridas da vida.
Ficha técnica
ISBN:
Medidas:
Páxinas:
Tapa:
978-84-127368-1-6
13x21 cm
280
Rústica