O paso do Noroeste
Xavier Queipo
21,90€
EDICIÓN CONMEMORATIVA DO XXV ANIVERSARIO DA PUBLICACIÓN
Nas vésperas da Revolución francesa, a finais do século XVIII, a nave L’Épée parte da Bretaña coa misión de atopar unha vía segura que conecte o Atlántico e o Pacífico a través do Ártico occidental. Ao mando da expedición vai o capitán Duchesnoy, acompañado polo naturalista e científico Mirabeau.
Esta novela, de viaxes e aventuras, de marabilla e derrota, é un dos grandes libros de Xavier Queipo, e nel condensa moitos dos seus temas literarios máis queridos.
Un novo ‘clásico rescatado’ na edición definitiva do seu autor.
“Un bo relato de aventuras, tanto das que se producen no mar impenetrable, coma nas insondables profundidades interiores dun home”, Francisco Martínez Bouzas.
Premio Manuel García Barros 1996, ex aequo.
Ficha técnica
ISBN:
Medidas:
Páxinas:
Tapa:
978-84-122631-7-6
13x21 cm
204
Dura
Ficha Técnica
Autor/a | Xavier Queipo |
---|---|
ISBN | 978-84-122631-7-6 |
Medidas | 13×21 cm |
Páxinas | 204 |
Tapa | Dura |
Prezo | 21,90 |