Dicionario da Comida Galega

49,90

Sinopse

Do abadexo á zorza. Un magnífico traballo de documentación, catalogación e sistematización a cargo de Xavier Rodríguez Baixeras, un dos autores máis prestixiosos da literatura galega actual. Coeditamos este libro xunto ao selo Engaiolarte, especializado en libros para regalo e obras de referencia.

A comida é parte fundamental de calquera cfultura. Define como vivimos e como entendemos o mundo.

A gastronomía é piar do noso saber colectivo e grazas a este libro, por primeira vez na historia, podemos aprehendelo dunha maneira ordenada, erudita e brillante.

Este dicionario enciclopédico é un percorrido apaixonante pola vida que se esconde detrás de cada alimento, de cada prato, de cada receita. Xavier Rodríguez Baixeras explica o vínculo de cada alimento coa nosa cultura a través da pegada que foi deixando na historia e na literatura.

Miles de voces, máis de cen referencias bibliográficas, ducias de receitas. Un libro que ole e sabe. Un libro que abre a fiestra aos sentidos e nos permite coñecer mellor de que estamos mantidos.

Ficha Técnica

Autor/a

Xavier Rodríguez Baixeras

Ano

2019

Tapa

Dura

Páxinas

600

ISBN

978-84-949007-0-9

Velo na Aira das Letras

https://tenda.airadasletras.gal/ga/libro/diccionario-da-comida-galega_44597